Saltar navegación

Lingua popular e lingua culta

 

Rosalía explora as posibilidades da lingua xogando cos seus rexistros e niveis. A linguaxe nos poemas aparece perfectamente adaptada á voz poética e á intención comunicativa, ofrecendo un riquísimo abano estilístico, como imos comprobar.

Predominio da lingua popular

 I

Si a vernos, Marica, nantronte viñeras

á festa do Seixo na beira do mar,

ti riras, Marica, cal nunca te riches

debaixo dos pinos do verde pinar.

 

Á sombra dos pinos, Marica, que cousas

chistosas pasaron!, que rir toleirón!

Relouca de arriba, relouca de abaixo,  

iñamos, viñamos i o bombo... pon! ..., pon!

 

As cóchegas  brandas, as loitas alegres,

os berros, os brincos, os contos sin fel,

todiños  peneques, alegres  todiños ...

I a nosa señora  detrás  do tonel.

 

                                             II

Coitada!, que festa brandida perdeche ...!

Cantaras, beberas, dormiras, i así

nun feixe miraras rolar xuntamente

mociños e vellos de aquí para alí.

 

Coa vista trubada, cos olios dormentes,

sorrindo, comendo, pifando e aínda máis,

que apertos, que ollados tan chuscas trocaban

as nenas de xenio cos mozos de Cais!

Debaixo dos ricos pareauguas de seda

que abertos formaban un tamaño rodel,

todiños chispados, que cousas dicían!

I a  nosa  señora  detrás  do tonel.


 

  III

Mais ela decote tan grave e soberba,

tan fina de oído, tan curta de mans,

xordiña quedara falando por sete,

con probes e ricos, con porcos e cans.

 

Meu amo, folgado de tanta largueza,

que n'era costume na dona tal ver,

tamén, miña  xoia!, saltando da  burra,

pin!, pan!, río arriba botouse a correr.

 

I a dona sorría con ollo entreaberto,

comendo castañas e viño con mel...

Que festa, Marica ...! Todiños peneques...

I a nosa señora  detrás  do tonel.

Dialectalismo

Onomatopea

Vocativo

coloquialismo

Vulgarismo fonético

coloquialismo

Vocativo, expresión da lingua oral

vocativos ou expresións da lingua oral

dialectalismo

onomatopea

Dialectalismo

Onomatopea

Metátese

Coloquialismo

Coloquialismo

Coloquialismo

Vulgarismo fonético

Vulgarismo fonético

Vocativo ou expresións propias da lingua oral

Vocativos ou expresións propias da lingua oral

Vocativo, expresión da lingua oral

Metátese

Vulgarismo fonético

Vulgarismo fonético

coloquialismo

coloquialismo

Busca un exemplo

 No Cantar 31 de Cantares gallegos, encontramos trazos da lingua popular que podes comprobar no texto anterior.

a. Dialectalismo

b. Onomatopea

c. Vocativos ou expresións propias da lingua oral

d. Metátese

e. Vulgarismos fonéticos.

f. Coloquialismos  léxicos

Busca ti outro exemplo dun poema de Cantares gallegos ou de Follas novas onde predomine a lingua popular: sinala e analiza os trazos que caractericen a lingua poética dentro deste rexistro.

Predominio de lingua culta

  I

Cand' este cantar, poeta,

na lira xemendo entonas,

non sei o que por min pasa

qu' as lagrimiñas m' afogan;

qu' ante de min cruzar vexo

a virgen-martir qu' invocas,

cos pés cravados d' espiñas

cas mans cubertas de rosas.

En vano a gaita tocando

unh' alborada de groria

sons polos aires espalla

que can nas tembrantes ondas.

En vano baila contenta

nas eiras a turba  louca,

qu' aqueles sons tal m'afrixen,

cousas tan tristes me contan,

qu' eu podo decirche

non canta que chora.[...]

 IV

Probe Galicia, non debes

chamarte nunca española,

qu' España de ti s' olvida

cando eres ai! tan hermosa.

Cal si na infamia naceras

torpe, de ti s' avergonza,

i a nai qu' un fillo despresa

nai sin corasón se noma.

Naide por que te  levantes

ch' alarga á man bondadosa,

Naide  os  teus  prantos  enxuga, 

i homilde choras e choras.

Galicia, ti non tés patria,

ti vives no mundo soia,

i a  prole fecunda  túa

s' espalla en errantes hordas,

mentras trist' e solitaria

tendida na verde alfombra

ó mar esperanzas pides,

de Dios a esperanza  imploras.

Por eso anqu' en son de festa

alegre a gaitiña  s' oia

eu podo decirche:

non canta que chora.

Referencia á poesía culta.

Cultismo

Cultismo

Cultismo

Cultismo

Cultismo

Cultismo

Cultismo

Busca outro exemplo

No poema "A gaita gallega" de Cantares gallegos, encontra­mos os seguintes trazos da lingua culta.

a. Referencia á poesía culta 

b. Cultismos

 Busca outro exemplo dun poema en que apareza unha lingua marcadamente culta e suliña os cultismos.