Na curtametraxe utilízanse recursos propios da linguaxe audiovisual que nos lembran aos empregados na linguaxe literaria. lmos analizar algunhas escenas e fotogramas do filme A rosa incandescente para entender o diálogo entre cinema e literatura. Nelas atópanse exemplos de figuras estilísticas que funcionan tanto na linguaxe audiovisual como na literaria.
A linguaxe literaria e a linguaxe audiovisual
Observa e describe
En moitas ocasións a voz poética identifica o seu estado de ánimo coa paisaxe.
Busca nesta imaxe todos aqueles elementos que fagan referencia ao momento vital e anímico da protagonista.
Son quen de distinguir as figuras retóricas nas imaxes
Resolve tódolos retos e completa o desafío.
Esta imaxe pode conter dúas figuras retóricas ao memo tempo. Cales son?
A morte inesperada de mamá foi o primeiro gran golpe da miña vida.
"Qu 'así mo pediron, qu 'así mo mandaron que cante e que cante na lengua qu'eu falo"
Alá vai o meu pensamento, ceibo coma o vento!
Aqueles días marabillosos que pasamos na casa dos teus pais e dos teus tíos en Muxía
Son quen de distinguir as figuras retóricas nos textos
Le o poema "Silencio!" de Follas novas e repara nas figuras estilísticas sinaladas. Escolle cal das opcións lle acae máis para cada cor e preme sobre o botón "responder"
Compara
Nestas dúas imaxes móstrasenos a Rosalía nun ambiente natural. Describe o que ves empregando a antítese:
- Apunta as características do lugar, a vestimenta da protagonista e a súa actitude en cada unha das imaxes.
- Engade as sensacións e sentimentos que se transmiten.
- Por último, escribe un texto no que reflictas o que anotaches nas preguntas unha e dúas. Emprega polo menos dous destes conectores: en troques, pola contra, porén, non obstante, con todo, así e todo, ora ben.
Afina o oído!
Neste fragmento do Cantar 17 de Cantares gallegos, Rosalía imita o son dos instrumentos musicais utilizando onomatopeas, tal como podes ver no texto:
[...] Ai miña probe casiña!
Ai, miña vaca vermella!
Años que balás nos montes,
pombas que arrulás nas eiras,
mozos que atruxás bailando,
redobre das castañetas,
xas-co-rras-chás das cunchiñas,
xurre-xurre das pandeiras,
tambor do tamborileiro,
gaitiña, gaita gallega,
xa non me alegrás dicindo:
Muiñeira!, muiñeira! [...]
- Enredando un pouco coa lingua, crea ti onomatopeas que imiten os sons que podes escoitar nas seguintes escenas do filme:
Xogando cos sons
Comproba nestes fragmentos do cantar 29 de Cantares gallegos como Rosalía xogaba cos sons da lingua por medio de variados recursos de repetición, fónicos e sintácticos:
Vente, rapasa Vente, Minguiño, Que augua tan limpa! |
[...] -Turra, turra, [...] Churras!, churras! Pica, pica, [...] Gachi!, gachi! |
[...] Ai, que miniña! I este miniño Ai!, que tan cuco! Olliños de groria! [...] Malo daquel |
Exemplo de anáfora: Repetición da mesma palabra ao principio dun verso.
Exemplo de anadiplose: repetición da mesma palabra ao final dun verso e ao principio do verso seguinte
Paralelismo: repetición da mesma estrutura sintáctica ou semántica con leves variacións
Polisíndeto: emprego reiterado dunha conxunción, con valor expresivo.
Paralelismo co verso anterior e co verso seguinte.
Exemplo de aliteración: repetición dun sonido ou varios nun mesmo verso ou en versos consecutivos
En cada estrofa sinálanse catro exemplos con tons de cor diferentes.Xogando cos sons a facer poesía
Experimenta cos recursos do exercicio anterior:
- Escoita con atención os sons destas escenas e escribe que fonemas vocálicos e consonánticos cres que poderían representalos.
- Elabora un listado de dez palabras (ou máis) que leven eses grupos de fonemas.
- Compón dúas estrofas de catro versos de arte menor nas que estea algunha destas palabras. Non te preocupes do sentido do texto, déixate levar polo son das palabras e a rima.
- Crea unha terceira estrofa onde empregues estruturas paralelísticas e, se te ves con forzas, engade un exemplo de polisíndeto.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Sen obra derivada 3.0