Somos o que comemos? En boa medida unha sociedade defínese polos alimentos que produce, a maneira en que os prepara e os ritos que acompañan o seu consumo. A comida, tanto a cantidade como a calidade, é tamén unha marca de clase social.
Encanta se ri, conmove se chora
A vivenda e a alimentación
A alimentación
Despois do visionado da escena da cociña fai un informe que recolla os seguintes datos acerca da alimentación:
- Unha relación dos alimentos, obxectos de cociña, accións e elaboracións que están a facer os personaxes.
- Investiga e indica cal sería a base da alimentación dos labregos e dos señores.
- Busca nestes poemas de Rosalía as alusións á comida. Escribe os alimentos e preparacións tradicionais que se citan:
- Cantar 1 e Cantar 25 de Cantares gallegos.
- "Miña casiña, meu lar", "A probiña que está xorda", "Anque me des..." de Follas novas.
As vivendas tradicionais galegas empregan os materiais construtivos do país (pedra, madeira, lousa, tella..) e están perfectamente adaptados ás condicións climáticas e orográficas e ás necesidades produtivas vinculadas ás edificacións.
Vivenda
Recoñece as construcións, os elementos construtivos e materiais típicos da arquitectura tradicional rural galega que se poden ver nas imaxes e contesta de seguido ao cuestionario.
Párate e observa
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Sen obra derivada 3.0