O poeta non pode “prescindir do medio en que vive e da natureza que o rodea” deixou escrito Rosalía de Castro e, en boa medida, este protagonismo que ela lle outorgou á natureza e á paisaxe galega como parte do “ser galego” continúa vixente na nosa tradición literaria.
A paisaxe e a defensa do medio natural
Identificación e defensa da natureza
A partir dun poema de Follas novas e outro de En las orillas del Sar veremos como Rosalía manifesta un profundo vínculo coa natureza da súa terra e un firme compromiso coa súa defensa.
- O poema "Terra nosa!" fala da lingua como elemento de cohesión do ser humano co seu medio: busca os versos onde se menciona.
Si, si! Dios fixo esta encantada terra
pro vivir e gozar;
pequeno paraíso, este é un remedo
do que perdeu Adán.
Este prácido sol que nos aluma,
estes aires do mar,
este tempo soave, estas campías
que non teñen igual,
esta falo mimosa que nós temos
de tan dose solás
que non sabe decir sinón cariños
que hastra os corazós van
Esta terra, n'hai duda ... Dio-la fixo
para ser amada e amar. [...]
" Terra a nosa!" de Follas novas
Le e completa
Le o fragmento anterior e escribe as palabras que faltan.
Pescuda en grupo
- Agrupamento:
- Grupos de tres
Este poema titulado "Jamás lo olvidaré!" de En las orillas del Sar fai alusión á tala do bosque centenario de Conxo ordenada polo cardeal Payá.
¡Profanación sin nombre! Donde quiera
que el alma humana, inteligente, rinde
culto a lo grande, a lo pasado culto,
esas selvas agrestes, esos bosques
seculares y hermosos, cuyo espeso
ramaje abrigo y cariñosa sombra
dieron a nuestros padres, fueron siempre
de predilecto amor, lugares santos
que todos respetaron. [...]
"Jamás lo olvidaré! de En las orillas del Sar.
- Busca nestes enlaces máis datos acerca do significado simbólico deste bosque para a xeración de Rosalía de Castro
E contesta estas cuestións:
- Que valores materiais e inmateriais están asociados a este espazo?
- Que sentido pensas que ten a expresión "profanación sin nombre" neste poema, tendo en conta o contexto no que se escribiu.
- Un dos carballos, coñecido como "O Avó", que defendeu Rosalía foi noticia no ano 2021. Saberías explicar por que?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Sen obra derivada 3.0