A voz das mulleres, especialmente das clases humildes, escóitase con forza na obra de Rosalía de Castro. Tamén a súa propia voz, reflexionando sobre as dificultades e desprezos que tiñan que superar as mulleres con vocación intelectual. Da man de Rosalía imos a aproximarnos a esta realidade.
As escritoras do século XIX
Cantos de independencia e liberdade
- Agrupamento:
- Por parellas
Rosalía escribe na súa obra Lieders un verdadeiro manifesto literario e social utilizando unha retórica tipicamente romántica.
1. Le este fragmento e indica que partes falan da súa actitude con respecto á arte e que partes falan dos obstáculos sociais que por ser muller lle impiden realizar os seus desexos.
LIEDERS
¡Oh, no quiero ceñirme a las reglas del arte! Mis pensamientos son vagabundos, mi imaginación errante y mi alma sólo se satisface de impresiones.
Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.
Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árabes en el desierto y el pirata en la mar.
Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se alza hasta el cielo y desciende hasta la tierra, soberbio como Luzbel y dulce como una esperanza.
Las literatas
Le estes fragmentos de Las literatas. Carta a Eduarda e selecciona a resposta correcta
Pseudónimos literarios
A continuación dámosche o nome legal de varias escritoras famosas do século XIX. Van numerados e tes que ordenar os seus respectivos pseudónimos literarios na mesma orde en que aparecen.
- Amandine Aurore Dupin
- Cecilia Bohl de Faber
- Mary Ann Evans
- Jane Austen
- George Sand
- Fernán Caballero
- George Eliot
- A Lady
Verdadeiro ou Falso
E Rosalía?
Retroalimentación
Falso
Non, sempre asinou co seu nome e apelido e, desde que casou, engadiu "de Murguía".
Procura e reelaboración da información
- Agrupamento:
- En parellas
Propoñémosche que indagues as circunstancias en que as escritoras do século XIX realizaron o seu traballo:
a. En parellas, buscade información sobre a vida e a obra dalgunha destas escritoras:
- Olympe de Gouges
- Mary Wollstonecraft
- Jane Austen
- George Eliot
- Fernán Caballero
- Concepción Arenal
- Emilia Pardo Bazán.
b. Seleccionade aqueles datos que pensades que afectaron máis ao seu traballo e á súa vida de escritoras:
- VIDA PRIVADA
- VIDA PÚBLICA
- OBRA
- COMO LLE AFECTOU SER MULLER
- PERVIVENCIA DA SÚA OBRA
c. Elaborade unha infografía co recurso Canva, (ou calquera outro que adoites empregar) seguindo o modelo que vos propoñemos, onde apareza a información recollida e as conclusións ás que chegastes.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Sen obra derivada 3.0