Saltar navegación

Reivindicación do galego como lingua propia de Galicia

Fragmento do cantar 1 de Cantares gallegos

No primeiro cantar de Cantares gallegos faise explícita a escolla da lingua galega como lingua poética que deberá utilizar a “meniña gaiteira” no encargo que acaban de facerlle e que ela acepta. A voz poética asume a argumentación desta escolla lingüística.

Cantart´ hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa,
encanta si ríe,
conmove si chora.

Cal ela ningunha
tan dose que cante
soidades amargas,
sospiros amantes,

(...)

  1.  Que características asocia Rosalía á lingua galega neste fragmento do cantar I de Cantares Gallegos?
  2. Por que se lle encarga á meniña gaiteira que cante a Galicia na lingua galega?

Prólogo Cantares gallegos

Mais naide ten menos que eu teño as grandes cualidades que son precisas pra levar a cabo obra tan difícile, anque naide tampouco se pudo ochar animado dun máis bon deseo pra cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dosura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas e n'habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan dosemente resoaron nos meus oídos desde a cuna e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia, atrevínme a es­cribir estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e como o noso dialecto dose e sonoro é tan apropósito como o pirmeiro para toda clase de versificación.[...]

[...] e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpe­mente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que, a desir ver­dade (por máis que esta sea dura), demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia a outra provincia irmán por probe que esta sea. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a false­dade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.[...]

[...] Sin gramática nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán ós oídos dun purista; pro ó menos, e pro disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo... si ben dunha maneira débil e froxa.[ ...]

  1. Cales son as razóns coas que defende o galego?
  2. Cales son os prexuízos  comúns na época na que escribe respecto á lingua galega?
  3. Que modelo de lingua afirma que vai utilizar como lingua literaria?