Aspectos da vida cotiá
Rosalía de Castro recolleu moitos detalles que nos contan como era a vida cotiá dos seus contemporáneos. Son aspectos que adoitan quedar nun segundo plano nas análises literarias, pero tamén constitúen unha fonte de información preciosa acerca da sociedade decimonónica galega que o filme quixo reflectir.
Seguramente che chamou moito a atención o vestiario que locen as personaxes da película. lmos analizar como funciona o vestido como marca social de clase, de sexo, idade... As diferenzas sociais móstranse, entre outras cousas, na maneira de vestir: os cortes das pezas, os tecidos, os adobíos e mesmo a cantidade de roupa a que se tiña acceso. A roupa e o seu coidado facíanse de maneira artesanal e correspondía maioritariamente ás mulleres, que elaboraban as fibras téxtiles, tecían, confeccionaban e lavaban ...