O equilibrio entre o seguimento da tradición literaria popular e culta en que se enmarca a obra poética de Rosalía de Castro e a exploración de novos temas, perspectivas e formas literarias é unha das claves para entender a súa aceptación e pervivencia. Nas seguintes tarefas tentaremos definir e practicar, con exemplos para cada un dos trazos que se mencionan, as características que se consideran tradicionais e cales se consideran innovadoras.
A literatura da época: tradición e innovación en Rosalía
Elementos tradicionais
1. Imos comezar pola métrica e a voz poética:
Busca "A probiña, que está xorda ...!" de Follas novas, comproba as características que o relacionan cun romance e coméntaas oralmente na clase:
2. Continuamos coa temática e a ambientación costumista:
Le "Nosa Señora da Barca" de Cantares gallegos e fai unha reportaxe xornalística a partir dos datos que se desprenden da descrición poética.
Podes seguir este exemplo:
3. E por último, no seguinte exercicio, identifica os tópicos literarios.
Rima asonante nos pares, predominan os octosílabos aínda que tamén se introducen versos de menor medida para reproducir a viveza do intercambio oral dos diálogos.
Comezo in medias res, a alternancia entre voz narrativa e diálogo en estilo directo e ausencia nalgunhas partes do verbo introdutorio.
Cae no tópico axeitado
Solución
Solución
Solución
Elementos innovadores
Do mesmo xeito que atopamos numerosos elementos tradicionais, agora imos centrarnos nos elementos innovadores:
- Polifonía e descentralización das voces poéticas.
- O intimismo radical ligado a combinacións métricas innovadoras.
- A perspectiva feminina.
- A vontade de análise social.
- A experimentación das posibilidades estilísticas da lingua popular.
Nas seguintes tarefas imos identificar cada un destes trazos innovadores nos poemas propostos.
Polifonía
Métrica
Comproba que combinacións métricas hai nestes poemas:
"Unha vez tiven un cravo", Follas novas
"Cabe das flores", Follas novas
"Bos amores", Follas novas
Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa si era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Sóio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. "Señor, que todo o podedes -pedinlle unha vez a Dios-, daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición." E doumo Dios, e arrinquéino; mais... ¿quén pensara...? Despóis xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica, seica tiven soidades daquela pena... ¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor...!
Cabe das froles a nena Cabe das froles a nena canta alegre o seu cantar, i é branca comoa azucena, pálida como o luar. E onde a boquiña, un lunar gracioso lle dou Dios, tan feito, tanto, que é de todos o encanto. Cor de luar..., ¡qué cor lindo!, uns ollos cal noite escura, labios que falan sorrindo, i aquel sinal... Fermosura máis, non cabe en criatura que a Dios quixo darche, linda rosa, doce, casta e preciosa.
A perspectiva feminina
Nos seguintes poemas a voz poética é feminina, que é o que contan?
"A xustiza pola man", de Follas novas
"Tecín soia a miña tea", de Follas novas
"Díxome nantronte o cura", de Cantares gallegos
Análise social
Cales son as causas polas que o protagonista ten que abandonar a súa casa e a súa terra no poema "Adios, ríos; adios, fontes", Cantar 15 de Cantares gallegos?
Experimentación estilística
Le o cantar 27 de Cantares gallegos e repara nas expresións sinaladas. Escolle cal dos trazos estilísticos da lingua popular se utilizan para cada cor e preme sobre o botón "responder"
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Sen obra derivada 3.0