A poesía de tradición oral conserva unha estreita relación coa música. Rosalía, boa coñecedora da lírica popular, parte dela e explora as súas posibilidades. Nas seguintes propostas imos comprobar a importancia dos ritmos musicais en moitos dos seus poemas e o esforzo que tivo que facer para adaptar a métrica á música.
A literatura tradicional oral e a música popular
Experimento poético con ritmo tradicional
Repara en como os versos deste fragmento do Cantar 34 de Cantares gallegos intentan acomodarse o ritmo musical propio da alborada.
Alborada
Vaite, noi-
te, -vai fuxin-
do. -Vente, auro-
ra, -vente abrin-
do, -co teu ros-
tro-que, sorrin-
do, -a sombra espanta!!!
Canta
paxariño, can-
ta -de ponliña en pon-
la, -que o sol se levan-
ta-polo monte ver-
de, -polo verde mon-
te, -alegrando as her-
bas, -alegrando as fon-
tes...!
- Escoita esta versión da alborada de Pascual Veiga.
- Le a nota a pé de páxina que a propia Rosalía de Castro deixou escrita con respecto a este poema en Cantares Gallegos.
"A máis grande dificultade que achei pra escribir esta alborada, foi o meu deseio de que saíse nun todo arregrada á música. Conseguín esto, pro foi a custa da poesía; non podía ser de outro modo, cando se dá cun aire tan extraño e tan difícile de acomodarlle letra algunha."
A estrofa esnaquizada
Estes versos da segunda parte do mesmo poema están desordenados. Como xa tiveches a oportunidade de comprobar como manipula Rosalía os versos para que encaixen co ritmo musical, agora aplica ti o mesmo procedemento para ordenar estes versos.
- Branca auro-
- ra-ven chegan-
- do-i ás porti-
- ñas-vai chaman-
- do-dos que dor-
- men-esperan-
- do-o teu folgor...!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Sen obra derivada 3.0